Diario Oficial de GaliciaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que rematase os estudos de formación profesional de grao superior no curso 2010-2011. Poderanse conceder ata vintedous premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte en Galicia.

O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais dunha dotación económica dun máximo de 850€, recibirá un diploma acreditativo e farase constar o premio no seu expediente académico.

Para poder participar, o alumno deberá ter unha cualificación media de todos os módulos igual ou superior a 8,5 e presentar o formulario de inscrición no centro no que estudiou.

 

Formación profesionalConvocadas as probas de acceso a ciclos formativos para o vindeiro curso.

A matrícula pódese facer nos institutos de educación secundaria onde se imparta algunha modalidade de formación profesional e nos centros integrados de formación profesional, agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro no que só se pode presentar a solicitude para as probas de acceso a ciclos medios.

Os prazos para a inscrición van dende o 23 de xaneiro ao 3 de febreiro para os ciclos superiores e dende o 27 de febreiro ao 9 de marzo para os ciclos medios.

Plan galego de acreditaciónNo CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro vaise desenvolver o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para a familia profesional de Administración e Xestión.
O prazo de presentación de solicitudes é do 16 de xaneiro do 2012 ao 15 de febreiro de 2012.

Celga 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística abriu a convocatoria das probas para obter os certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3, e 4. O prazo de inscrición para realizar as probas permanecerá aberto ata o próximo 3 de abril.
D.O.G. da convocatoria

Tamén está aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios para as probas CELGA, que son voluntarios e gratuítos. Estes cursos realizaranse entre os meses de febreiro e maio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xaneiro.
http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten á disposición da cidadanía no seu web www.xunta.es/linguagalega materiais para preparar os diferentes niveis do Celga mediante o sistema de autoaprendizaxe e distintos recursos complementarios. Entre estes materiais inclúense os manuais da colección Aula de Galego e diversos modelos de exames pertencentes ás convocatorias anteriores.
http://www.xunta.es/linguagalega/autoaprendizaxe

Toda a información relativa á lingua galega está sempre dispoñible no enderezo
www.xunta.es/linguagalega

fpempresaEstes días estase a celebrar en Valladolid un encontro dos 89 centros participantes en fpempresa, proxecto de innovación aplicada e transferencia do coñecemento na formación profesional, seleccionado polo Ministerio de Educación.

Concurso de carteis Letras 2012A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, un ano máis, un concurso no que se propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da vida e da época do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade.

Os grupos de traballo gañadores recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros.

O prazo para a admisión de traballos remata o día 16 de xaneiro de 2012.

Concurso de presentación electrónicas de NadalA Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal. O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral.