Xornadas sobre uso seguro de Internet

Asociación de enxeñeiros de telecomunicacións de GaliciaO Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza as Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro de Internet na Infancia. Vixilancia e Control do Uso de Internet que se celebrarán, con carácter gratuíto, nas principais cidades galegas durante o mes de novembro e estarán dirixidas fundamentalmente a pais, mestres e incluso aos propios alumnos de secundaria, bacharelato ou ciclos, interesados na materia.

Estas xornadas teñen a finalidade de concienciar á comunidade educativa  sobre os usos e riscos das TIC e facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que se impida o acceso á sociedade da información.

En Ferrol celébranse o martes 17 de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester, rúa Concepción Arenal s/n. Haberá dúas quendas na mesma tarde, unha ás 16 horas e outra ás 18.30 horas. A asistencia é libre.

AdxuntoTamaño
Cartel das xornadas198.53 KB