Xogos programados por estudantes de informática
Iria, Cecilia, Emilio, David C., David O., Sergio, Julen e Juan, son un grupo de alumnos que para practicar bases de datos en .net fixeron este pequeno programiña emulando ó xogo O preguntorio que no 2003 distribuíu a Xunta de Galicia.
A implementación desta sinxela aplicación só pretende que dunha forma divertida poidamos practicar conceptos vistos na clase de programación.
Agora quixeron compartir esta experiencia, que esperamos que vos guste.
As aplicacións instálanse en Windows e é preciso ter instalados o Runtime de .net Framework e o SQL Server Express Edition 2005.
A nosa felicitación e agradecemento a todos estes estudantes.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 6_Preguntoiros.zip | 9.61 MB |





