Xa se pode descargar Galinux
Xa está oficialmente presentado Galinux, un sistema operativo de código aberto e na nosa lingua promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) e a comunidade galega de software libre, xunto coa Consellería de Innovación e Industria.
Tratase dun sistema baseado en Ubuntu, que inclúe todas as aplicacións na nosa lingua e que será actualizado permanentemente.
Galinux distribuiranse en cinco mil cedés a través de 100 centros de todo o país, pero se pode descargar unha imaxe en galinux.mancomun.org. O sistema pódese probar executándoo directamente dende o disco e sen necesidade de instalación.





