Visiting Konya

Tino en KonyaO profesor do Departamento de Informática Constantino García Ulla participa nunha visita de estudio que se desenvolve en Konya (Turquía) entre o 10 e o 14 de maio, de título «Improving the quality of education and training through the mobilities».

Nela participan representantes de diferentes países europeos (Alemania, Bélxica, Dinamarca, España, Estonia, Francia, Hungría, Italia, Reino Unido, Suecia e Turquía) e forma parte do Programa de Apredizaxe Permanente ou Lifelong Learning Programme da Comisión Europea, e que en España está a cargo do OAPEE  Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos.

Para seguir o día a día da visita podemos consultar o blog (blog.cifprodolfoucha.es/konya2010) que o noso compañeiro está a escribir.