Retorno a Hansala
Enviado por adminrup o Mar, 03/11/2009 - 11:19.

O venres 30 de outubro no Campus da Universidade os alumnos de bacharelato, acompañados por Pedro Picallo, asistiron á xornada de "Cinema e sociedade" organizada polo Ateneo Ferrolán.

Proxectouse o filme Retorno a Hansala, dirixido por Chus Gutierrez, e logo houbo unha mesa redonda para falar sobre a inmigración e as súas implicacións éticas.
Pódese ver unha galería de imaxes desta actividade.





