Proxecto fpempresa
Enviado por adminrup o Mér, 30/11/2011 - 17:58.
Estes días estase a celebrar en Valladolid un encontro dos 89 centros participantes en fpempresa, proxecto de innovación aplicada e transferencia do coñecemento na formación profesional, seleccionado polo Ministerio de Educación.
O proxecto fpempresa, coordinado polo CIFP Medina del Campo, pretende axudar aos centros de Formación Profesional a innovar na súa organización e xestión coa idea de aproximalos ás empresas e crear unha relación máis estreita.
Entre os seus obxectivos estarían:
- Mellorar a formación dos alumnos axustándoaa ás necesidades das empresas.
- Conseguir sistemas estables de transferencia de coñecemento entre as empresas e os centros.
- Crear las bases para futuros proxectos comúns.
- Converter os centros en espazos abertos á participación de profesionais das empresas.
- Compartir experiencias entre centros sobre boas prácticas na relación coas empresas.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Programa do encontro | 176.57 KB |
| Proxecto fpempresa | 2.54 MB |






