Probas e cursos CELGA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística abriu a convocatoria das probas para obter os certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3, e 4. O prazo de inscrición para realizar as probas permanecerá aberto ata o próximo 3 de abril.
D.O.G. da convocatoria
Tamén está aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios para as probas CELGA, que son voluntarios e gratuítos. Estes cursos realizaranse entre os meses de febreiro e maio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xaneiro.
http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga
Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten á disposición da cidadanía no seu web www.xunta.es/linguagalega materiais para preparar os diferentes niveis do Celga mediante o sistema de autoaprendizaxe e distintos recursos complementarios. Entre estes materiais inclúense os manuais da colección Aula de Galego e diversos modelos de exames pertencentes ás convocatorias anteriores.
http://www.xunta.es/linguagalega/autoaprendizaxe
Toda a información relativa á lingua galega está sempre dispoñible no enderezo
www.xunta.es/linguagalega







