Probas de acceso a ciclos formativos 2012

Formación profesionalConvocadas as probas de acceso a ciclos formativos para o vindeiro curso.

A matrícula pódese facer nos institutos de educación secundaria onde se imparta algunha modalidade de formación profesional e nos centros integrados de formación profesional, agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro no que só se pode presentar a solicitude para as probas de acceso a ciclos medios.

Os prazos para a inscrición van dende o 23 de xaneiro ao 3 de febreiro para os ciclos superiores e dende o 27 de febreiro ao 9 de marzo para os ciclos medios.

Tras participar nas probas, poderanse solicitar as certificacións de realización a partir do 15 de maio para os ciclos de grao superior e o 21 de xuño para os ciclos de grao medio. No caso de telas superado, esta certificación dá acceso aos ciclos formativos do grao correspondente. Para o alumnado que non supere as probas, esta certificación permitiralle conservar as cualificacións obtidas nas partes superadas para futuras convocatorias nun prazo de dous anos e na nosa Comunidade.

Máis información na web http://www.edu.xunta.es/fp/probas e no departamento de información e orientación do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

AdxuntoTamaño
D.O.G. coa Resolución da convocatoria649.43 KB
Calendario de probas33.99 KB