Presentado o II Plan Galego de Formación Profesional

Presentado o II Plan Galego de Formación Profesional
O pasado 28 de abril presentouse en Santiago o II Plan Galego de Formación Profesional que, dotado con 700 millóns de euros, pretende establecer un conxunto de actuacións que dean resposta ás necesidades de cualificación e de formación profesional da poboación galega.

Segundo o Presidente da Xunta o 80 por cento do alumnado da formación profesional atopa traballo nos primeiros seis meses logo de rematar os seus estudos e preténdense que, coa posta en marcha deste plan, esa cifra chegue ata o 90 por cento.

AdxuntoTamaño
Plan_Galego_de_Formacion_Profesional.pdf129.77 KB