Premios extraordinarios de F.P. de grao superior
A Consellería de Educación ven de convocar os premios extraordinarios de F.P. correspondentes ao curso 2008-2009, para recoñecer os méritos do alumnado de ciclos superiores con bos resultados académicos.
O premio consiste en 732€ e a posibilidade de participar posteriormente nos premios extraordinarios estatais. Poderanse presentar aqueles que teñan unha media igual ou superior a 8,5 no seu expediente académico.
No documento que se achega está a convocatoria oficial publicada no D.O.G. e nel pódese atopar o modelo de solicitude que os interesados deberán presentar na secretaría do centro.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| D.O.G. coa convocatoria dos premios extraordinarios de F.P. | 106.1 KB |

