O preguntoiro
Enviado por adminrup o Xov, 13/05/2010 - 18:40.
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co alumnado do 1º Curso do C.S. de Desenvolvemento de Aplicación Informáticas e dentro das actividades do Día das Letras Galegas, preparou un concurso
co seguinte premio:
- vale de compra por valor de 200€ nun comercio de material deportivo
e as seguintes regras de participación:
- concúrsase de xeito individual
- haberá que tratar de contestar 8 preguntas sobre cultura galega
- as preguntas irán aparecendo a razón de dúas por día, unha pola mañá e outra pola tarde, nesta web entre os días 18 e 21 de maio
- cada pregunta estará dispoñible só ata que sexa substituída pola seguinte
- para poder contestar haberá que identificarse como usuario desta web (no apartado "Iniciar sesión" co usuario/clave habitual) e só será posible enviar unha resposta por usuario e pregunta
- gañará o usuario que enviase TODAS as respostas acertadas e, en caso de empate, aquel que sume menor cantidade total de tempo transcorrido dende a publicación das preguntas e a súa contestación correcta
- en caso de que ningún participante acerte todas as respostas, o premio destinarase ao alumnado que colaborou na organización do concurso





