Por unha informática digna
Hoxe están convocadas en toda España diversas mobilizacións en defensa dunha regulación, por parte dos Ministerios correspondentes, tanto do contido dos novos títulos de Grao e Máster da enxeñería informática como das atribucións profesionais que lles correspondan. Sen esta regulación córrese o risco de que a carreira de informática quede diluída e deixe de ser atractiva tanto para os estudantes como para as universidades.
O Departamento de Informática deste centro apoia plenamente as reivindicacións desta xornada, que pretenden instar ao Goberno (ao igual que xa fixo o Senado) a regular a profesión informática. Apoiamos as demandas dos 130.000 Enxeñeiros e Enxeñeiras en Informática e os 95.000 estudantes desta titulación afectados pola situación.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Diario de sesións do Senado (12/11/2008) | 288.19 KB |
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Para imprimir





