De Poe a Blanco Amor
No conto “O gato negro” o protagonista, estando na cadea, relátanos que vai morrer mañá e ao longo da historia, contada en pasado, dá testemuño dos terribles acontecementos que o levaron ata alí (a cadea).
116 anos despois Eduardo Blanco Amor en A esmorga, case do mesmo xeito, cóntanos en primeira persoa as últimas horas dun que será axustizado por un crime despois dunha longa noite de pándega.
Neste ano 2009 celebramos a estes dous grandes autores, 200 anos do nacemento de Edgar Allan Poe e 50 anos da publicación da que é para moitos a mellor novela galega do século XX.
Tedes á vosa disposición na biblioteca exemplares diversos destes autores, recén adquirida unha nova edición dos “Contos completos” de Poe e, por suposto, novas edicións de “A esmorga”.
Queda invitada toda a comunidade escolar do centro a visitar a obra destes dous grandes literatos.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Para imprimir


.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Enviado por NEREACF o Mar, 12/01/2010 - 11:05.