Plan de Acreditacións de competencias profesionais
No CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro vaise desenvolver o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para a familia profesional de Administración e Xestión.
O prazo de presentación de solicitudes é do 16 de xaneiro do 2012 ao 15 de febreiro de 2012.
Os candidatos/as poderán inscribirse nas seguintes unidades de competencia:
- UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación
- UC0973_1 Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia
- UC0976_2 Realizar as xestións administrativas do proceso comercial
- UC0978_2 Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático
- UC0979_2 Realizar as xestións administrativas de tesouraría
- UC0980_2 Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos humanos
- UC0981_2 Realizar rexistros contables
Pódese consultar o folleto informativo publicado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para coñecer máis datos sobre o proceso na dirección http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.
Para facilitar o proceso de inscrición a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de poñer en funcionamento unha aplicación informática na web http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Dende esta aplicación pode xerarse gran parte da documentación que deben presentar os candidatos para inscribirse no proceso.
Na ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/cuestionarios-autoavaliacion pode consultar os cuestionarios clasificados por familia profesional.
Os cuestionarios de autoavaliación permiten coñecer en que medida os candidatos/as posúen a competencia profesional en cada unidade de competencia, e desta forma tomar a decisión de incluír ou non esa unidade de competencia na solicitude de participación no proceso.
A documentación debe entregarse centro, para o que se dispón de dúas alternativas:
- Na secretaría do centro en horario de 8:30 a 14:30 h.
- Por correo postal certificado dirixido á secretaría do centro:
Secretaría - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
(REF.: Acreditación)
Avd. De Castelao,64
15406, Ferrol
Pódese solicitar máis información:
- No departamento de información e orientación profesional do CIFP Rodolfo Ucha Piñerio e no correo acreditacion@cifprodolfoucha.es
- Noutros centro educativos dependentes de Consellería de Educación que impartan formación profesional
- Na Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas, telf. 981.544.400, 981.544.376 e 981.546.566
A Orde pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais está dispoñible en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120109/AnuncioC3F1-291211-10513_gl.pdf






