Novas sobre o centro en La Voz de Galicia
O noso centro aparece nas noticias sobre educación da edición de Ferrol de La Voz de Galicia do día 9 de marzo.
Por unha banda, fálase da implantación das seccións bilingües, é dicir, da utilización de linguas estranxeiras en materias non lingüísticas.
Noutro apartado faise referencia ao proceso de constitución, actualmente en marcha, do Consello Social do CIFP, que será o órgano encargado da xestión do centro.
No tocante ás acreditacións de unidades de competencia, unha das atribucións do Centros Integrados, hai tamén unha declaración do noso director.





