Feira galega das industrias culturais
Enviado por adminrup o Sáb, 29/11/2008 - 20:59.
Entre os días 4 e 7 de decembro celébrase en Palexco (Palacio de exposicións e congresos da Coruña) a Feira galega das industrias culturais, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte.
A Feira Cultur.gal pretende ser unha plataforma de encontro entre a oferta cultural máis diversa e o público tanto xeral como especializado.
Haberá presentacións de libros e discos, obradoiros infantís, representacións teatrais e actuacións de contacontos, entre outras actividades.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Para imprimir





