F.C.T. en Romanía

Esta mañá partiron para a cidade romanesa de Braşov tres alumnas do Ciclo Medio de Explotación de Sistemas Informáticos, Begoña, Mirian e Sara.Begoña, Miriam e Sara partindo para Brasov

Alí completarán o seu módulo de Formación en Centros de Traballo, do que xa fixeron parte en Galicia, traballando en dúas empresas de mantemento de equipamento informático.

Dende aquí queremos desexarlles sorte nesta aventura e agradecerlles o esforzo que fan por completar a súa formación con esta viaxe ao estranxeiro, ao mesmo tempo que aportan unha interesante experiencia para o noso centro.