Esperanza Piñeiro presentou o seu novo libro
Onte presentouse na Galería Sargadelos de Ferrol o libro "Un mar de leyendas".
Esperanza Piñeiro de San Miguel (profesora de Xeografía e Historia do noso centro) e Andrés Gómez Blanco voltan traballar xuntos para presentar unha ampla recompilación de historias e contos vencellados directamente coa comarca de Ferrolterra.
O mar, as tradicións mariñeiras, as supersticións e os seres fantásticos ou encantados están moi presentes nesta colección de 56 lendas coas que os autores pretenden recuperar unha parte da cultura galega.
Algúns dos relatos que aparecen agora no libro xa foron publicados nas anteriores obras dos autores ("Lendas e relatos ferroláns" de1998 e "De lenda en lenda" de 1999), algúns deles sufriron pequenas modificacións ou variacións e outros son completamente novos.
O libro será presentado tamén no centro e quedarán na biblioteca exemplares á disposición da comunidade educativa.





