A escritora ferrolá Rosa Aneiros gaña o Xerais de novela e o de literatura xuvenil
Enviado por pedropr o Xov, 11/06/2009 - 11:42.
Estamos de noraboa , unha escritora ferrolá recibiu os dous premios máis importantes da literatura galega,gañadora do Premio Xerais de Novela 2009 con Sol de Inverno, dotado con 25.000 euros, tamén se fixo co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil -dotado con 10.000 euros-, con Ás de bolboreta, e ademais quero destacar o discurso na entrega de premios que fixo Agustín Fernández Paz, unha xoia literaria e profunda sobre a lingua e este país, podedes velo en :http://bretemas.blogaliza.org/2009/06/07/o-seran-de-agustin/
- blog de pedropr
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Para imprimir

