Os escaparates das letras galegas e mesa-camilla de Ramon Piñeiro

Nesta semana estiveron feitos escaparates en colaboración con Carmen López e Sargadelos adicados a Ramón Piñeiro e o libro galego. Na web veredes as fotos e aquí déixovos información sobre o autor homenaxeado este ano

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009
ADICADO A RAMÓN PIÑEIRO
 
TOMADO DA ESCOLMA DE PÁXINAS WEB E SITIOS DA REDE SOBRE O AUTOR,PARA O SEU USO EDUCATIVO.EQUIPO DE BIBLIOTECA E DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA
 
 
A páxina da Real Academia Galega dedicada ao autor. O texto é de  Beatriz García Turnes, amosa algúns datos biográficos e fala da súa vida política e cultural.Cita os seus libros e publicacións.Contén fotos e imaxes.
A editorial que fundou recolle nesta páxina as súas publicacións cun breve resumo.
Na páxina do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega podemos acceder a varias gravacións con intervencións de Piñeiro en conferencias,entrevistas,discursos e programas radiofónicos.Resulta interesante a do debate no Parlamento Galego co gallo da aprobación Lei de Normalización Lingüística no ano 83.
Contén  unha  clara biografía do autor.
 Publica a noticia  da elección do escritor   como homenaxeado nas LG 2009,e explica de xeito breve os seus méritos.
 
O Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades ten na rede diversos materiais,entre eles os cadernos  do mesmo nome, algúns dedicados ao autor.
O segundo dos cadernos Ramón Piñeiro ofrece unha completa cronobiografía,non só da súa vida ,senón tamén das obras e iniciativas culturais.Explica os seus encontros e desencontros cos movementos galeguistas e nacionalistas.Tamén reúne unha serie de cartas a Pimentel,Casares,Dieste,Carlos Zubillaga e Pilar Vázquez nas que adivinamos o perfil político,filosófico e persoal  de Piñeiro.
No caderno III atopamos unha completa bibliografía e hemerografía, e no caderno V podemos ler parte da súa correspondencia con Carballo Calero,gran amigo seu.Os cinco primeiros números poden atoparse tamén na BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES, na sección LETRAS GALEGAS.
AdxuntoTamaño
IMG_1743.JPG196.9 KB