Elección dos membros do claustro no Consello Social

Como se establece na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula a organización e o funcionamento do consello social nos centros integrados de formación profesional de Galicia, no prazo máximo dun mes desde a súa entrada en vigor, as autoridades, as entidades e as institucións sinaladas no artigo 4 designarán as súas persoas representantes nos consellos sociais dos centros integrados de formación profesional.

Co fin de que a elección dos tres representantes do claustro se realice de xeito áxil e coordinado, a D.X. de Formación Profesional e E.E. enviou unha circular para regular o proceso .

O prazo para a presentación de candidaturas a representantes do claustro abrirase ás 9:00 horas do 26 de febreiro e pecharase ás 14:00 horas do 4 de marzo de 2009. As candidaturas presentaranse nunha solicitude por escrito ante o secretario do centro.

AdxuntoTamaño
Orde do 22 de xaneiro de 2009 sobre regulación do Consello Social dos CIFP 53.71 KB
Circular da DXFPEE sobre as eleccións dos representantes do claustro no Consello Social61.32 KB