Os datos do Mapa sociolingüístico debuxan un futuro moi preocupante para a nosa lingua.Ferrol no "furgón de cola"
En doce anos duplicouse o número de persoas que nunca falan en galego, do 13 ao 25 por cento
O 10,7% dos menores galegos recoñecen que recibiron ensino “só en castelán”, a pesar do anterior decreto.
| Só galego | Máis galego | Máis castelán | Só castelán | |
| MSG-92 | 30,5 | 30,5 | 26 | 13 |
| MSG-04 | 16 | 22,9 | 35,3 | 25,8 |
Segundo o Mapa Sociolingüístico, hai unha notoria perda do denominado “bilingüismo de maioría galego” nos hábitats intermedios e unha considerábel suba do maioritario en español. As cidades con maior uso do castelán (“só e máis castelán”) son Ferrol (85%), Vigo e A Coruña (81,9% en ambas). Cómpre, ademais, salientar a presenza do monolingüismo en castelán en Ferrol (57,5%) e Vigo (45,5%).
| A Coruña | Ferrol | Santiago | Lugo | Ourense | Pontevedra | Vigo | |
| Só castelán | 31,8 | 57,5 | 20,2 | 20,1 | 27 | 36,7 | 45,5 |
| Máis castelán | 50,1 | 27,5 | 37,2 | 38,9 | 40,8 | 39,2 | 36,4 |
| Máis galego | 14,4 | 9,5 | 28,7 | 27,1 | 25,7 | 15,9 | 13,3 |
| Só galego | 3,4 | 5,1 | 13,2 | 13,4 | 6 | 6,7 | 4,3 |
- blog de pedropr
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Para imprimir





