Día das Letras Galegas 2009

Adicado a Ramón Piñeiro

A seguinte escolma de páxinas web e sitios da rede sobre o autor, para uso educativo, foi tomado do equipo de Biblioteca e de Normalización de e Dinamización Lingüística do C.E.I.P. Quintela (Moaña).

Real Academia Galega

A páxina da Real Academia Galega dedicada ao autor. O texto é de  Beatriz García Turnes, amosa algúns datos biográficos e fala da súa vida política e cultural.Cita os seus libros e publicacións. Contén fotos e imaxes.

Editorial Galaxia

A editorial que fundou recolle nesta páxina as súas publicacións cun breve resumo.

Documentos sonoros de Ramón Piñeiro

Na páxina do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega podemos acceder a varias gravacións con intervencións de Piñeiro en conferencias, entrevistas, discursos e programas radiofónicos. Resulta interesante a do debate no Parlamento Galego co gallo da aprobación Lei de Normalización Lingüística no ano 83.

Praza das letras

Contén unha clara biografía do autor.

Vieiros

Publica a noticia  da elección do escritor como homenaxeado nas Letras Galegas 2009 e explica de xeito breve os seus méritos.

Cadernos Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades ten na rede diversos materiais,entre eles os cadernos do mesmo nome, algúns adicados ao autor.

O segundo dos cadernos Ramón Piñeiro ofrece unha completa cronobiografía, non só da súa vida, senón tamén das súas obras e iniciativas culturais. Explica os seus encontros e desencontros cos movementos galeguistas e nacionalistas. Tamén reúne unha serie de cartas a Pimentel, Casares, Dieste, Carlos Zubillaga e Pilar Vázquez nas que adiviñamos o perfil político, filosófico e persoal de Piñeiro.

No caderno III atopamos unha completa bibliografía e hemerografía, e no caderno V podemos ler parte da súa correspondencia con Carballo Calero, gran amigo seu. Os cinco primeiros números poden atoparse tamén na BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES, na sección LETRAS GALEGAS.