Convocatoria de axudas do Fondo Social
A Dirección Xeral de Relacións Laborais ven de publicar a convocatoria das axudas de Acción Social da Xunta de Galicia.
O 26 de febreiro remata o prazo para presentar a documentación ante a Dirección do Centro (xerándoa coa aplicación web creada ao efecto), esta ten ata o 18 de marzo para devolver as solicitudes completadas e conformadas aos solicitantes e o 30 de abril remata o prazo para entregalas nos rexistros públicos.
Os fondos de acción social destínanse a prestar axudas para a xubilación (3.500 euros de contía mínima), para atención aos discapacitados (1.300 euros), por fillos menores (150 euros), para estudos por fillos (70 euros), por estudos do traballador (200 euros), por adquisición de vivenda (1.532 euros), por maiores a cargo (200 euros) e por gastos sanitarios (50 euros para tratamentos e próteses, e 50 para adquisición de produtos de alimentación). Estas contías mínimas pódense ver incrementadas a través da aplicación do baremo baseado na renda per cápita da unidade familiar.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Convocatoria no D.O.G. | 99.93 KB |





