Convocatoria de 100 Eurobecas Caja Madrid
Enviado por adminrup o Mar, 02/02/2010 - 12:00.
As bolsas son para realizar un programa de prácticas laborais de 7 semanas de duración no Reino Unido e Irlanda para estudantes e titulados de Formación Profesional de Grado Medio e Superior, a desenvolver nos meses de agosto e setembro de 2010.
A bolsa inclúe os seguintes gastos:
- Voo de ida e volta con saída dende Madrid.
- Aloxamento en familia en réxime de almorzo e cea.
- Seguros de asistencia en viaxe, accidentes e responsabilidade civil.
- Tarxeta de transporte en destino.
O noso centro presentará 8 candidatos ás bolsas, polo que en caso de haber máis interesados será preciso realizar unha proba de selección, que terá lugar o día 08/02/2010.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Ficheiro con resumo da convocatoria | 61.64 KB |





