Concurso de carteis Letras Galegas 2012
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, un ano máis, un concurso no que se propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da vida e da época do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade. A exposición deberá estar conformada por 10 carteis de formato 70x50 centímetros.
Os grupos de traballo gañadores recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros. Ademais, a mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior.
O prazo para a admisión de traballos remata o día 16 de xaneiro de 2012.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Convocatoria | 99.64 KB |






