Comeza o proceso de acreditación de competencias
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableceu un procedemento de recoñecemento da competencia profesional
personalizado e flexible, co fin de lles facilitar ás persoas traballadoras a posibilidade de recoñecer e certificar a súa experiencia laboral e as aprendizaxes adquiridas por outras vías de formación.
No noso centro desenvolverase o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias profesionais relacionadas co Ciclo Medio de Comercio, da Familia Profesional de Comercio e Marketing.
O prazo de matrícula para este proceso vai dende o día 13 ao 23 de outubro e nos ficheiros que se achegan pódense consultar os detalles concretos da convocatoria.
Na seguinte táboa preséntase as principais datas a ter en conta:
| Inscrición | Período de inscrición de aspirantes | 13 ao 23 de outubro de 2009 |
| Publicación da lista de Inscritos | 26 de outubro de 2009 | |
| Relación provisional de aspirantes seleccionados | 28 de outubro de 2009 | |
| Período de reclamación | 29 e 30 de outubro de 2009 | |
| Lista definitiva | 2 de novembro de 2009 | |
| Matrícula | Matrícula para a fase de asesoramento | 3 ao 6 de novembro de 2009 |
| Asesoramento | Período de asesoramento | 9 de novembro ao 22 de decembro de 2009 |
| Memoria | Matrícula para a fase de avaliación | 11 e 12 de xaneiro de 2010 |
| Avaliación | Resultados da avaliación | 11 de febreiro de 2010 |
| Reclamacións | Por escrito, 5 días hábiles a partir da publicación | |
| Resolución de reclamacións | Nun máximo de 5 días hábiles | |
| Cualificación definitiva | 24 de febreiro | |
| Recursos | Recurso de Alzada diante da DXEFPIE no prazo dun mes | |
| Recurso Contencioso Administrativo diante da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG no prazo de 2 meses | ||
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Caderno resumo | 273.2 KB |
| D.O.G. o que se publica a Orde que regula o proceso | 306.3 KB |





