Avaría nos servizos de Internet da Xunta

Unable to connectA rede corporativa da Xunta sufriu onte unha avaría durante a mañá e parte da tarde que deixou sen funcionamiento á maioría dos seus departamentos durante máis de seis horas. O fallo informático afectou sobre todo aos centros educativos, ao Servizo Galego de Colocación e ás xestións por Internet. Os colexios e institutos públicos non puideron facer ningún traballo administrativo porque o seu sistema depende totalmente dos servidores da Xunta.

A causa da avaría (que durou entre as 10.05 horas e as 16.30) foi, segundo a Xunta, unha xeración incontrolada de tráfico na rede que afectou aos seus elementos centrais de interconexión. Non se tratou dun colapso por que moitos usuarios accederan nese momento á rede, senón que foi a avaría a que xerou ese tráfico intenso.