Decreto plurilingüismo
O Goberno galego aprobou o Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia despois de incorporar algunhas das suxestións realizadas por forzas sociais e políticas, con máis de cincuenta cambios incorporados sobre o borrador inicial presentado en decembro de 2009.
Segundo a Consellería de Educación con estes cambios garántese "que o novo decreto sexa un punto de encontro para a gran maioría da cidadanía galega".
A Consellería de Educación presentou o pasado sábado 13 o texto do Proxecto de Decreto para o plurilingüismo que ordenará o uso das linguas no sistema educativo non universitario de Galicia.






