Acreditación de competencias
Listado completo de inscritos no proceso de acreditación de competencias.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableceu un procedemento de recoñecemento da competencia profesional personalizado e flexible, co fin de lles facilitar ás persoas traballadoras a posibilidade de recoñecer e certificar a súa experiencia laboral e as aprendizaxes adquiridas por outras vías de formación.
No noso centro desenvolverase o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias profesionais relacionadas co Ciclo Medio de Comercio, da Familia Profesional de Comercio e Marketing.
O prazo de matrícula para este proceso vai dende o día 13 ao 23 de outubro e nos ficheiros que se achegan pódense consultar os detalles concretos da convocatoria.

