Seccións bilingües
A Consellería de Educación do Goberno de Cantabria organiza as VII Jornadas Nacionales de Secciones Bilingües en Santander durante os días 14, 15 e 16 de outubro de 2009, co obxectivo de reunir a docentes e responsables administrativos para que podan compartir e intercambiar experiencias.
O profesor do centro, Tino García, do departamento de informática, está participando nun programa da Consellería de Educación consistente en visitar un país estranxeiro a fin de coñecer o seu sistema educativo e mellorar unha segunda lingua.
Para os interesados en coñecer os detalles da súa estadía, que dura todo un mes, o noso compañeiro está a escribir un blog, no que día a día deixa as súas impresións.
Os que pensedes que os contidos son de interese, por favor, deixádelle algún comentario para facerlle sentir que estamos a seguir o seu traballo.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Ministerio de Educación, Política Social y Deporte, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, convoca o Programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, PALE 2009.
O PALE é un programa dirixido aos docentes que imparten a súa materia ou módulo non lingüístico en inglés ou francés.
As solicitudes deberanse realizar utilizando a aplicación https://www.edu.xunta.es/pale/ ata o día 15 de xaneiro de 2009.






