Deporte

Quinto campeonato de pádelVaise celebrar por quinto ano o torneo de pádel do Rodolfo Ucha, dirixido a alumnado e persoal do centro.

Será os días 30 (entre as 9 e as 18 horas) e 31 (entre as 9 e as 14  horas) de maio no Centro de Pádel de San Mateo.

A inscrición custa 3€ por parella e pódese facer na aula 4 do centro antes do 26 de maio.

Charla-coloquio sobre a historia do baloncesto en FerrolO pasado martes 1 de marzo, entre as 10:30 e as 12, desenvolveuse unha animada mesa-coloquio sobre a historia do baloncesto en Ferrol, ao fío da publicación do libro "50 anos de Baloncesto en Galicia".

Contamos coa presencia de Juan Fernández, Antonio Barros, Manuel Aller e Armenio Pazos, que deron un repaso ao deporte da canastra dende múltiples puntos de vista.

Ao acto asistiron alumnos do C.S. de Animación de actividades físicas e deportivas e de 1º de Bacharelato. Despois das breves exposicións dos catro relatores houbo un interesante coloquio.

Pódense ver as fotos na correspondente galería de imaxes.

Mesa redonda 'Historia do Baloncesto en Ferrol'

O martes 1 de marzo ás 10.30 terá lugar na Biblioteca do Centro unha mesa redonda cos seguintes participantes:

  • Juan Fernández, presidente do antigo OAR, quen falará das orixes do equipo e do seu asceso á liga ACB.
  • Antonio Barros, pioneiro do baloncesto, entrenador do Bazán e delegado, tratará sobre o nacemento do baloncesto ferrol nos anos 1950-70.
  • Manolo Aller, ex-xogador internacional, dará a perspectiva dun xogador de primeiro nivel coas súas experiencias e anécdotas.
  • Armenio Pazos, xogador do Ferrol Baloncesto, quen dará a súa visión sobre a situación actual.

Despois da intervención de cada un dos participantes, terá lugar un breve coloquio.

Os alumnos selecionados deberán presentarse para comezar o curso, o vindeiro luns 20 de abril de 2009 as 11:30 no centro.

Listado de alumnos seleccionados:

O xoves 16 de abril de 2009, as 12:00 h. celebrarase no noso centro a proba de acceso o Curso do Plan F.I.P. 2009 - Socorrista Acuático.

Os alumnos convocados a dita proba deberanse presentar no centro na hora indicada, coa roupa axeitada para a realización da proba na piscina: bañador, gorro e gafas de natación.

Pádel 2009Vai comezar un novo torneo de pádel destinado a profesores e alumnos do noso CIFP.

Os interesados en participar, podédesvos pór en contacto con Fabiana, profesora do departamento de Actividades Físico Deportivas.