FP

fpempresaEstes días estase a celebrar en Valladolid un encontro dos 89 centros participantes en fpempresa, proxecto de innovación aplicada e transferencia do coñecemento na formación profesional, seleccionado polo Ministerio de Educación.

Becas Ministerio 2011O Ministerio de Educación estendeu o prazo para solicitar bolsas para os estudios post-obrigatorios ata o 7 de outubro.

Na páxina http://www3.educacion.gob.es/campanias/becas2011.html pódense consultar todos os detalles sobre prazos, tipos de bolsas e requisitos dos solicitantes.

Formación profesionalNa páxina web www.edu.xunta.es/fp pódense consultar as listaxes de admitidos e admitidas na 1ª adxudicación de prazas a ciclos medios e superiores en réxime ordinario e de adultos.

Nesa mesma páxina, os/as solicitantes que non fosen admitidos poden consultar tamén as listas de espera.

Recórdase que as persoas que fosen admitidas deben realizar a matrícula no centro adxudicado ata as 13:00 horas do día 22 de xullo ou renunciar á mesma no mesmo prazo se quixese seguir optando ás prazas solicitadas de maior preferencia (a renuncia á praza adxudicada supón a renuncia a todas as opcións solicitadas detrás dela pero non ás de maior preferencia, ás que seguiría optando na próxima adxudicación de prazas).

Os solicitantes de prazas para o réxime de adultos poden consultar as listaxes publicadas nos documentos que se xuntan ou no propio taboleiro do centro.

O Ministerio de Educación presentou hoxe un novo portal, TodoFP, onde se centralizará toda a información relativa á FP, de interese tanto para alumnado como profesorado ou empresas.

Eurobecas Caja Madrid 2011Convócanse un ano máis as Eurobecas Caja Madrid, dirixidas a estudiantes e titulados de Formación Profesional, coas que terán a posibilidade de adquirir unha experiencia laboral no extranxeiro e avanzar no seu coñecemento doutros idiomas.

Preséntanse en dúas modalidades:

  • 34 eurobecas para 7 semanas de prácticas laborais en Reino Unido ou Irlanda;
  • 163 eurobecas complementarias para estudiantes de ciclos superiores que reciban a axuda da Unión Europea para realizar a FCT no extranxeiro dentro do Programa Erasmus.

 

Formación Profesional a distanciaPublicouse no D.O.G. a Orde pola que comeza con carácter experimental a formación profesional polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

A oferta para o presente curso está reducida a dous ciclos, Ciclo de grao superior de Educación infantil e Ciclo de grao medio de Emerxencias sanitarias. Impartiranse ambos no CIFP Ánxel Casal (A Coruña).

O prazo de presentación de solicitudes de admisión vai dende o 12 ao 18 de novembro de 2010, ambos incluídos.