Axudas
Convócanse un ano máis as Eurobecas Caja Madrid, dirixidas a estudiantes e titulados de Formación Profesional, coas que terán a posibilidade de adquirir unha experiencia laboral no extranxeiro e avanzar no seu coñecemento doutros idiomas.
Preséntanse en dúas modalidades:
- 34 eurobecas para 7 semanas de prácticas laborais en Reino Unido ou Irlanda;
- 163 eurobecas complementarias para estudiantes de ciclos superiores que reciban a axuda da Unión Europea para realizar a FCT no extranxeiro dentro do Programa Erasmus.
A Dirección Xeral de Relacións Laborais ven de publicar a convocatoria das axudas de Acción Social da Xunta de Galicia.
O 26 de febreiro remata o prazo para presentar a documentación ante a Dirección do Centro (xerándoa coa aplicación web creada ao efecto), esta ten ata o 18 de marzo para devolver as solicitudes completadas e conformadas aos solicitantes e o 30 de abril remata o prazo para entregalas nos rexistros públicos.





