Acreditación de competencias
Achegáse o ficheiro coas cualificacións finais do proceso de probas libres do Ciclo Medio de Comercio.
As probas axustaranse ao currículo do C.M. de Comercio e abranguerán contidos teóricos e prácticos que permitan evidenciar se a persoa aspirante alcanzou os obxectivos específicos establecidos para cada módulo.
No documento que se achega detállanse os contidos e estrutura da proba para cada un dos módulos do título.
Convócanse probas libres de títulos que foron obxecto do proceso de acreditación de competencias, dirixidas a todas as persoas que participaron nese proceso dende o ano 2006.
No noso centro realizaranse as probas para o Ciclo formativo de grao medio de Comercio da Familia profesional de Comercio e marketing.
Nos ficheiros que se achegan detállanse as datas en que cada candidato deberá realiazar as probas para as fase de avaliación no proceso de recoñecemento de competencias profesionais relacionadas co Ciclo Medio de Comercio, da Familia Profesional de Comercio e Marketing.
Dáse publicidade á relación definitiva de aspirantes seleccionados no proceso de acreditación de competencias.



