Formación do profesorado
A Consellería de Educación ven de publicar o plan de formación do profesorado para o vindeiro curso 2010/2011.
Neste plan inclúense as actividades de formación en Servizos Centrais, nos Centros de Formación e Recursos, así como as convocatorias de Proxectos de formación, Grupos de traballo, Seminarios permanente, Programas europeos, Bibliotecas escolares ou Licenzas por estudos.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca para o curso actual 60 proxectos de formación específicos para o profesorado de F.P., a desenvolver nos propios centros educativos.
Deberán formar parte do proxecto entre 4 e 12 participantes, terá unha duración de entre 20 e 50 horas e unha financiación de ata un máximo de 1500€. Tanto a preinscrición como a inscrición faceranse utilizando os formularios web que se inclúen a continuación.






