Biblioteca
O autor gañador do Premio Blanco Amor de novela coa obra O imposible de desatar, Iván García Campos, estivo na nosa biblioteca para falar de literatura.
Iván explicou moitos aspectos da novela, dende o seu concepto da obra literaria ata o proceso de presentación ao premio. A exposición foi seguida por un coloquio no que os alumnos dos Bacharelatos preguntaron por diversos aspectos da obra.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
O pasado venres tivo lugar na biblioteca do centro un acto no que se entregaron os premios do concurso para escoller o seu logo.
Aproveitouse tamén para presentar o blog A hucha do Ucha no que se irán publicando todo tipo de artigos relacionados coa biblioteca e con outros ámbitos culturais de interese. O blog queda aberto á pública participación de todo aquel que queira expresar as súas inquedanzas a través dese medio.
Convocáse un concurso de deseño para crear o logotipo que identifique á nosa biblioteca e sexa a súa marca.
As regras que para o concurso son:
- Poderase presentar calquera alumno matriculado no centro.
- O logo será orixinal e poderá ser debuxado manualmente ou deseñado por outros medios.
- Os logos a concurso deberán ser entregados na biblioteca, identificados co nome do autor e o curso.
- O prazo de entrega remata o venres 14 de xaneiro de 2011.
- O XURADO estará formado polo equipo da biblioteca.
- O premio ao logo gañador será un E-BOOK.
- O segundo clasificado recibirá un pendrive.
- O concurso poderá ser declarado deserto.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
Na biblioteca do centro están dispoñibles obras salientables de autores da literatura galega e universal dos que neste ano conmemoramos algún acontecemento.
Invitámosvos a todos a coñecer os seus mundos.
No conto “O gato negro” o protagonista, estando na cadea, relátanos que vai morrer mañá e ao longo da historia, contada en pasado, dá testemuño dos terribles acontecementos que o levaron ata alí (a cadea).
116 anos despois Eduardo Blanco Amor en A esmorga, case do mesmo xeito, cóntanos en primeira persoa as últimas horas dun que será axustizado por un crime despois dunha longa noite de pándega.
Neste ano 2009 celebramos a estes dous grandes autores, 200 anos do nacemento de Edgar Allan Poe e 50 anos da publicación da que é para moitos a mellor novela galega do século XX.
Tedes á vosa disposición na biblioteca exemplares diversos destes autores, recén adquirida unha nova edición dos “Contos completos” de Poe e, por suposto, novas edicións de “A esmorga”.
Queda invitada toda a comunidade escolar do centro a visitar a obra destes dous grandes literatos.

Fátima (a nova bibliotecaria) e Raúl (en calidade de Coordinador da biblioteca) están levando a cabo un profundo proceso de reorganización da biblioteca, nun intento de facer que os fondos dispoñibles sexan accesibles a toda a comunidade educativa.
Unha das principais novidades é que os fondos estanse a incorporar, aos poucos, ao proxecto Meiga, o que xa permite as buscas a través de internet para saber se a biblioteca dispón ou non dun libro, utilizando o seguinte enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CER003.





