Oferta formativa
Xa está publicada a relación definitiva de ciclos de formación profesional ofertados nos centros galegos tanto na modalidade ordinaria como na modular.
A Consellería de Educación tamén puxo a disposición do alumnado a documentación precisa para explicar detalladamente o proceso de admisión, rexido pola Resolución que determina os seus prazos e desenvolvemento.
Todos estes documentos están accesibles nos ficheiros adxuntos desta nova.
O xoves 16 de abril de 2009, as 12:00 h. celebrarase no noso centro a proba de acceso o Curso do Plan F.I.P. 2009 - Socorrista Acuático.
Os alumnos convocados a dita proba deberanse presentar no centro na hora indicada, coa roupa axeitada para a realización da proba na piscina: bañador, gorro e gafas de natación.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Dende o 25 de setembro ao 26 de novembro impártese neste centro o curso do Plan F.I.P. 2008/7864 - IFCI23 - Informática de Usuario dirixido a desempregados.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
O prazo extraordinario de presentación de solicitudes de admisión aos ciclos formativos remata o venres 12 de setembro de 2008.
Nos seguintes enlaces pódese obter toda a información e documentación necesaria para o alumnado interesado en acceder ao primeiro curso dos ciclos formativos de grao medio e superior así como ao listado de ciclos que posúen matrícula liberada (con prazas libres para matricularse neste prazo).
http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCS.htm
http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCM.htm
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Publicada a 1ª relación ordinaria de solicitantes admitidos nos ciclos formativos en rexime ordinario no CIFP Rodolfo Ucha (21 de xullo de 2008).
O prazo de matrícula ou renuncia á praza adxudicada nesta 1ª adxudicación ordinaria é do 21 de xullo ao 24 de xullo de 2008.
Podese consultar o listado de admitidos nos Ciclos Medios e Ciclos Superiores na nova sobre admisión.





