Actividades
Estes días estase a celebrar en Valladolid un encontro dos 89 centros participantes en fpempresa, proxecto de innovación aplicada e transferencia do coñecemento na formación profesional, seleccionado polo Ministerio de Educación.
No vestíbulo do centro pódese ver, entre os días 11 e 25 de outubro, a mostra 'Cartas de Amor' organizada pola Subdirección Xeral para o tratamento da violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade.
Esta mostra de autores galegos sobre a violencia de xénero consiste en 15 obras, 13 impresións en tea e 2 plotter en cartón pluma para os textos.
A exposición percorrerá diversos centros educativos galegos e pretende facer reflexionar sobre a existencia da violencia para axudar a detectala e eliminala.
No conxunto están recollidos traballos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de 'cómic', Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están alcanzando gran éxito entre os máis novos, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademais, o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o diseñador Fausto únense a esta mostra con tres aportacións diferentes.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
O Obradoiro de Teatro do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro representa o xoves 16 de xuño ás 19 horas no salón de actos, a obra Supercamiña de Belén Roca.
O autor gañador do Premio Blanco Amor de novela coa obra O imposible de desatar, Iván García Campos, estivo na nosa biblioteca para falar de literatura.
Iván explicou moitos aspectos da novela, dende o seu concepto da obra literaria ata o proceso de presentación ao premio. A exposición foi seguida por un coloquio no que os alumnos dos Bacharelatos preguntaron por diversos aspectos da obra.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
O Equipo de Dinamización Lingüística, en colaboración co alumnado do 2º Curso do C.S. de Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construción e dentro das actividades do Día das Letras Galegas, preparou un concurso que ten como premio un vale de compra por valor de 200€ nun comercio de material deportivo.
As regras de participación son as seguintes:
O certame escolar Poesía e Imaxe, que dende hai once anos organiza a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, chegou onte á súa cita co centro cultural Carvalho Calero.
Alí inaugurouse, como xa é tradicional, a exposición do concurso, na que alumnos de tódolos niveis non universitarios combinan versos cunha creación plástica propia, ben sexa debuxo, fotografía, colaxe ou pintura.
Vaise celebrar por quinto ano o torneo de pádel do Rodolfo Ucha, dirixido a alumnado e persoal do centro.
Será os días 30 (entre as 9 e as 18 horas) e 31 (entre as 9 e as 14 horas) de maio no Centro de Pádel de San Mateo.
A inscrición custa 3€ por parella e pódese facer na aula 4 do centro antes do 26 de maio.





