Normalización
O Equipo de Dinamización Lingüística, en colaboración co alumnado do 2º Curso do C.S. de Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construción e dentro das actividades do Día das Letras Galegas, preparou un concurso que ten como premio un vale de compra por valor de 200€ nun comercio de material deportivo.
As regras de participación son as seguintes:
No documento que se achega van as respostas ás oito preguntas do concurso 'O Preguntoiro'.
Debido a que ningún dos participantes no concurso foi capaz de contestar correctamente a todas elas, o premio destínase aos alumnos que participaron na súa confección.
Grazas a adriangb, alejandroaf, davidgt, evagl, javierav, javierlg, jorgerl, JORGETM, JOSEFL, JUANVP, miguelff, MIGUELMS, noemirf, sandradc, santiagoov, silviatp e victorcp por participar.
O grupo de 2º curso do Bacharelato de Humanidades formado por Inés, Lucía, Martiño e Xacobe estivo recollendo durante este curso novas relacionadas coa literatura universal en La Voz de Galicia e El País de luns a mércores.
De entre esas novas fixeron unha escolma dividida en catro grupos:
1) Literatura e cine
2) Premios
3) Obituarios e celebracións
4) Publicacións
e con ela montaron un panel que se pode ver no vestíbulo do primeiro andar.
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co alumnado do 1º Curso do C.S. de Desenvolvemento de Aplicación Informáticas e dentro das actividades do Día das Letras Galegas, preparou un concurso
co seguinte premio:
- vale de compra por valor de 200€ nun comercio de material deportivo
e as seguintes regras de participación:
- concúrsase de xeito individual
- haberá que tratar de contestar 8 preguntas sobre cultura galega
- as preguntas irán aparecendo a razón de dúas por día, unha pola mañá e outra pola tarde, nesta web entre os días 18 e 21 de maio
- cada pregunta estará dispoñible só ata que sexa substituída pola seguinte
- para poder contestar haberá que identificarse como usuario desta web (no apartado "Iniciar sesión" co usuario/clave habitual) e só será posible enviar unha resposta por usuario e pregunta
- gañará o usuario que enviase TODAS as respostas acertadas e, en caso de empate, aquel que sume menor cantidade total de tempo transcorrido dende a publicación das preguntas e a súa contestación correcta
- en caso de que ningún participante acerte todas as respostas, o premio destinarase ao alumnado que colaborou na organización do concurso
Dous anos despois do Día das Letras dedicado a María Mariño, a celebración volta este ano ao Courel.
A Real Academia escolleu ao poeta Uxío Novoneyra como homenaxeado en 2010 en resposta a unha intensa campaña social a prol deste autor.
Coñece a súa figura. Ler máis
No vestíbulo do centro pódese ver estes días a exposición de carteis sobre Uxío Novoneyra que gañou, na categoría de ensino sencudario, o concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas.
Os carteis foron elaborados por alumnado do CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas, Ourense) e leva por título «Uxío Courel, Courel Uxío».
Por iniciativa do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, o alumnado de Secretariado elaborou unha serie de trípticos con recomendacións para a realización da FCT.
De entre todos os presentados seleccionouse o redactado pola alumna Vanesa Varela Espiñeira.





