Eleccións ao consello social
Como se establece na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula a organización e o funcionamento do consello social nos centros integrados de formación profesional de Galicia, no prazo máximo dun mes desde a súa entrada en vigor, as autoridades, as entidades e as institucións sinaladas no artigo 4 designarán as súas persoas representantes nos consellos sociais dos centros integrados de formación profesional.
Co fin de que a elección dos tres representantes do claustro se realice de xeito áxil e coordinado, a D.X. de Formación Profesional e E.E. enviou unha circular para regular o proceso .
O prazo para a presentación de candidaturas a representantes do claustro abrirase ás 9:00 horas do 26 de febreiro e pecharase ás 14:00 horas do 4 de marzo de 2009. As candidaturas presentaranse nunha solicitude por escrito ante o secretario do centro.

