Avisos

Probas de acceso a ciclos mediosO venres 4 de xuño de 2010 celebraranse as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio co seguinte horario:

09:00 Presentación
10:00 a 11:30 Parte Matemática
12:00 a 14:00 Parte Sociolingüística
16:30 a 18:30 Parte Científico – Técnica

As persoas inscritas deberán presentar o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de inscrición á proba.

Listado de admitidos para o curso de Iniciación a IntenetListado de admitidos para o curso Iniciación á rede Internet.

As clases comezarán o luns 31/05/2010.

 

 

 

 

Gripe AA Consellería de Educación ven de facer público un protocolo de actuación ante a gripe A, seguindo as directrices do Ministerio de Sanidade e Política Social e da Organización Mundial da Saúde (OMS).
As medidas a tomar, de carácter preventivo, van encamiñadas a evitar a propagación do virus causante desta nova gripe e ao correcto tratamento de todas as persoas afectadas.

Os alumnos selecionados deberán presentarse para comezar o curso, o vindeiro luns 20 de abril de 2009 as 11:30 no centro.

Listado de alumnos seleccionados:

O xoves 16 de abril de 2009, as 12:00 h. celebrarase no noso centro a proba de acceso o Curso do Plan F.I.P. 2009 - Socorrista Acuático.

Os alumnos convocados a dita proba deberanse presentar no centro na hora indicada, coa roupa axeitada para a realización da proba na piscina: bañador, gorro e gafas de natación.

Pádel 2009Vai comezar un novo torneo de pádel destinado a profesores e alumnos do noso CIFP.

Os interesados en participar, podédesvos pór en contacto con Fabiana, profesora do departamento de Actividades Físico Deportivas.

 

VirusEstamos a ter uns molestos convidados nas aulas do Rodolfo Ucha. Quixéramos aconsellar a tódolos alumnos e profesores que instaledes un antivirus actualizado na casa e "peiteedes" o voso PC.

Existen moitos antivirus gratuítos na rede e un dos máis completos é o Avast! Home: un antivirus para uso doméstico, actualizable en liña e dispoñible en castelán.