Orientación
Por iniciativa do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, o alumnado de Secretariado elaborou unha serie de trípticos con recomendacións para a realización da FCT.
De entre todos os presentados seleccionouse o redactado pola alumna Vanesa Varela Espiñeira.
A Consellería de Educación fixo pública a oferta de ciclos de formación profesional para o vindeiro curso 2008-2009. Aquí pódense descargar os ficheiros da oferta ordenada por familia profesional ou por provincia, así como un folleto da Consellería de Educación onde se resumen datos básicos sobre os estudos de formación profesional.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Documento elaborado pola Consellería de Educación que pretende ser un instrumento de consulta útil para os alumnos que queiran cursar estudos superiores, aínda que tamén para pais e profesores, como axentes fundamentais da súa formación integral.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria presentou o pasado venres 28 de marzo o proxecto FP Plus: Emprender na Formación Profesional. Esta acción posta en marcha pola Administración educativa galega busca promover iniciativas emprendedoras no eido da Formación Profesional así como fortalecer a mentalidade emprendedora e a asunción de riscos.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis

