Emprego

Conselleria de EducaciónA Consellería de Educación publicou a súa oferta de emprego público para o ano 2010.

Nesta proposta inclúense 272 prazas para Profesores de Ensino Secundario e 66 para Profesores Técnicos de Formación Profesional.

Xa se poden recoller no centro os diplomas de asistencia ao Curso do Plan F.I.P. - 2009/7864 - Informática de Usuario celebrado no noso centro entre o 25 de setembro e o 26 de novembro do 2008.

Os diplomas pódense recoller na secretaría do centro no horario de oficina (de 9:30 a 14:00).

Integra ConsultoríaA Asociación Cultural Integra, con cofinanciación da Comisión Europea e dentro do Programa Leonardo Da Vinci, convoca bolsas para viaxes ao estranxeiro de novos titulados e trabajadores.

O obxectivo é realizar unha formación profesional e transversal complementaria á que xa posúen e que facilite a súa posterior inserción no mercado laboral.

O programa Leonardo Da Vinci divide estas accións en dúas partes, unha de formación lingüística no país de acollida e outra de realización de prácticas profesionais relacionadas co perfil do participante.

Nos ficheiros que se acompañan está toda a información das convocatorias para as viaxes a Italia e Alemania.

 

Dentro do proxecto FP Plus da Consellería de Educación, no marco do seu programa FP Emprende, o noso centro ven de poñer en marcha un viveiro de empresas.

Trátase dun local completamente acondicionado para a actividade empresarial e que se cede, de xeito gratuíto e durante dous anos, ás persoas participantes no programa para que poñan en funcionamento un proxecto empresarial.

Está destinado ao alumnado do último curso de calquera dos ciclos formativos de formación profesional ou titulados nos últimos dous anos. 

Integra consultoríaIntegra convoca 11 bolsas do programa Leonardo Da Vinci, de 12 semanas de duración (curso lingüístico + prácticas profesionais) para a formación de profesionais novos e/ou titulados recentes, a realizar en Portugal, Italia e Malta.

O prazo de solicitude remata o 30 de xaneiro, a selección realizarase durante o mes de febreiro e a continuación comezarán as saídas cara aos países de destino.

Cursos Plan FIP 2008 Xa se poden recoller no centro os diplomas de asistencia ao Curso do Plan F.I.P. - 2008/416 - Deseño e Modificacion de Planos en 2D e 3D celebrado no noso centro entre o 1 de abril e o 11 de xuño do 2008.

Os diplomas pódense recoller na secretaría do centro no horario de oficina (de 9:30 a 14:00).

Cursos Plan FIP 2008 Dende o 25 de setembro ao 26 de novembro impártese neste centro o curso do Plan F.I.P. 2008/7864 - IFCI23 - Informática de Usuario dirixido a desempregados.