Programas europeos
Os interesados en participar no proceso de selección para as prazas que permiten realizar a FCT no estranxeiro, deberán enviar a súa información utilizando o formulario que está dispoñible no blog de programas europeos.
Posteriormente contactaremos con eles para continuar o proceso e informarlles con máis detalle dos criterios de selección.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
O alumno do C.S. de Administración de Sistemas Informáticos Yonatan Daniel Oyarzo, está entre os 34 gañadores das Eurobecas Caja Madrid 2011.
O proceso de selección, para estudiantes de ciclos formativos de toda España, incluiu probas de inglés tanto escritas como orais.
Os gañadores realizarán un programa de prácticas laborais de 7 semanas no Reino Unido ou Irlanda. Antes, o 15 de marzo, deberán acudir a Madrid ao acto de entrega dos diplomas acreditativos.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
O profesor do Departamento de Informática Constantino García Ulla participa nunha visita de estudio que se desenvolve en Konya (Turquía) entre o 10 e o 14 de maio, de título «Improving the quality of education and training through the mobilities».
Nela participan representantes de diferentes países europeos (Alemania, Bélxica, Dinamarca, España, Estonia, Francia, Hungría, Italia, Reino Unido, Suecia e Turquía) e forma parte do Programa de Apredizaxe Permanente ou Lifelong Learning Programme da Comisión Europea, e que en España está a cargo do OAPEE Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos.
Para seguir o día a día da visita podemos consultar o blog (blog.cifprodolfoucha.es/konya2010) que o noso compañeiro está a escribir.
Esta mañá partiron para a cidade romanesa de Braşov tres alumnas do Ciclo Medio de Explotación de Sistemas Informáticos, Begoña, Mirian e Sara.
Alí completarán o seu módulo de Formación en Centros de Traballo, do que xa fixeron parte en Galicia, traballando en dúas empresas de mantemento de equipamento informático.
Dende aquí queremos desexarlles sorte nesta aventura e agradecerlles o esforzo que fan por completar a súa formación con esta viaxe ao estranxeiro, ao mesmo tempo que aportan unha interesante experiencia para o noso centro.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
Convocatoria nacional de propostas das accións descentralizadas dos programas Comenius, Leonardo da Vinci, Erasmus, Grundtvig e transversal.
Organismo autónomo de programas educativos europeos





