Educación

O Ministerio de Educación presentou hoxe un novo portal, TodoFP, onde se centralizará toda a información relativa á FP, de interese tanto para alumnado como profesorado ou empresas.

Probando o workflow

Conselleria de EducaciónA Consellería de Educación publicou a súa oferta de emprego público para o ano 2010.

Nesta proposta inclúense 272 prazas para Profesores de Ensino Secundario e 66 para Profesores Técnicos de Formación Profesional.

O profesor do centro, Tino García, do departamento de informática, está participando nun programa da Consellería de Educación consistente en visitar un país estranxeiro a fin de coñecer o seu sistema educativo e mellorar unha segunda lingua.

Para os interesados en coñecer os detalles da súa estadía, que dura todo un mes, o noso compañeiro está a escribir un blog, no que día a día deixa as súas impresións.

Os que pensedes que os contidos son de interese, por favor, deixádelle algún comentario para facerlle sentir que estamos a seguir o seu traballo.

Portada do blog de Tino

 

 

O xoves 16 de abril de 2009, as 12:00 h. celebrarase no noso centro a proba de acceso o Curso do Plan F.I.P. 2009 - Socorrista Acuático.

Os alumnos convocados a dita proba deberanse presentar no centro na hora indicada, coa roupa axeitada para a realización da proba na piscina: bañador, gorro e gafas de natación.

Premios Educacompostela 20090 Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela, que teñen como obxectivos recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Director José Francisco Rego Maragoto
Vicedirector Eduardo Mera Fernández
Secretario Jaime Juan Fuertes Gamundi
Xefe de estudos de adultos Carlos G. Fernández Morales
Xefe de estudos Francisco Paz Bello
Xefe do departamento de informática Constantino García Ulla