Decreto plurilingüismo

Decreto para o plurilingüismoO Goberno galego aprobou o Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia despois de incorporar algunhas das suxestións realizadas por forzas sociais e políticas, con máis de cincuenta cambios incorporados sobre o borrador inicial presentado en decembro de 2009.

Segundo a Consellería de Educación con estes cambios garántese "que o novo decreto sexa un punto de encontro para a gran maioría da cidadanía galega".

Jesús Vázquez AbadA Consellería de Educación presentou o pasado sábado 13 o texto do Proxecto de Decreto para o plurilingüismo que ordenará o uso das linguas no sistema educativo non universitario de Galicia.

 

Maniffestación en SantiagoA Consellería de Educación ven de publicar un documento no que se recollen as bases para a elaboración dun Decreto que regule a utilización das linguas no ensino non universitario galego.

Aquí recollemos algúns documentos e enlaces relacionados con este asunto.