Lingua
A Secretaría Xeral de Política Lingüística abriu a convocatoria das probas para obter os certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3, e 4. O prazo de inscrición para realizar as probas permanecerá aberto ata o próximo 3 de abril.
D.O.G. da convocatoria
Tamén está aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios para as probas CELGA, que son voluntarios e gratuítos. Estes cursos realizaranse entre os meses de febreiro e maio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xaneiro.
http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga
Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten á disposición da cidadanía no seu web www.xunta.es/linguagalega materiais para preparar os diferentes niveis do Celga mediante o sistema de autoaprendizaxe e distintos recursos complementarios. Entre estes materiais inclúense os manuais da colección Aula de Galego e diversos modelos de exames pertencentes ás convocatorias anteriores.
http://www.xunta.es/linguagalega/autoaprendizaxe
Toda a información relativa á lingua galega está sempre dispoñible no enderezo
www.xunta.es/linguagalega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, un ano máis, un concurso no que se propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da vida e da época do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade.
Os grupos de traballo gañadores recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros.
O prazo para a admisión de traballos remata o día 16 de xaneiro de 2012.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal. O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral.
Benvidos ao novo curso 2010-11, ánimo e que todos os anceios e desexos fructifiquen; e para iso nada mellor que a cultura e aínda mellor en galego.
O Concello de Ferrol a través da súa Biblioteca Municipal, programa durante varios luns o Ciclo As miñas lecturas favoritas.
O Goberno galego aprobou o Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia despois de incorporar algunhas das suxestións realizadas por forzas sociais e políticas, con máis de cincuenta cambios incorporados sobre o borrador inicial presentado en decembro de 2009.
Segundo a Consellería de Educación con estes cambios garántese "que o novo decreto sexa un punto de encontro para a gran maioría da cidadanía galega".
Dous anos despois do Día das Letras dedicado a María Mariño, a celebración volta este ano ao Courel.
A Real Academia escolleu ao poeta Uxío Novoneyra como homenaxeado en 2010 en resposta a unha intensa campaña social a prol deste autor.
Coñece a súa figura. Ler máis
No vestíbulo do centro pódese ver estes días a exposición de carteis sobre Uxío Novoneyra que gañou, na categoría de ensino sencudario, o concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas.
Os carteis foron elaborados por alumnado do CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas, Ourense) e leva por título «Uxío Courel, Courel Uxío».






